martes, 9 de octubre de 2012

ABEL O DIGNO

Hai uns días o voceiro socialista, Abel Losada, declarábase en contra da reducción dos salarios dos deputados, argumentando que os representantes públicos deben ter unha remuneración digna.
Estou de acordo. Os representantes públicos han de ter salarios dignos, sí, pero máis dignos caos dos seus representados? Damos por feito que remuneracións de 5000€ ao mes é un salario digno? Pois sí. Si, enriba, son superiores a esas cifras, a dignidade tamén é superior. Agora ben, si esta é a valoración da dignidade salarial do señor Abel Losada, cando era mestre titular na facultade de económicas con salario moi inferior a ese, percibía un salario indigno? Cando ve que un mestre, un enfermeir@, un doutor, un camioneiro, un fontaneior, etc, todos eles representados por el, cobran candidades moi inferior a esas, perciben salarios indignos? Cando o señor deputado participa nun parlamento e apoia medidas de reducción salarial para o conxunto da sociedade ,  máis alá da política, está promovendo unha reducción da dignidade social?
Indigno é o comportamento do señor Losada quen, sabendo que coma funcionario, xamáis cobraría esas cantidades, queira perpetuar un privilexio, este sí, de clase, pero de clase política, mentres o teto da política lle permita encher o canasto de gran e de privilexios. Quererá algún día retornar á vida de a pé e recuperar a indignidade de non ser un digno asalariado político?
A política semella ser, cada vez máis, un fenómeno paranormal, para anormáis, en tanto que o que entra nela, abandoa a vida dos indignos para non retornar xamáis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario